Temos o pracer de anunciar unha nova sala de videoconferencia para a práctica de zazen que estará dispoñible 24 horas do día, os 365 días do ano. Este espazo virtual está pensado para que cada persoa poida levar a cabo a súa práctica de zazen libre e autoxestionada. O propósito principal da sala é ofrecer a oportunidade de "coincidir" con outros practicantes na súa meditación persoal., creando así un ambiente compartido de presenza e compromiso coa práctica. Este espazo permanecerá sempre aberto para quen busque un lugar para practicar.